Share
30/05/2024 - 16:30h | Teatro Principal de Santiago de Compostela | Santiago de Compostela

Ceibe | Fran Sieira, compañía de danza

Ceibe | Fran Sieira, compañía de danza
Galicia Escena PRO

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiáns, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

 

A PARTIR DE 12 ANOS

DANZA

55 MINUTOS

 

Autoría: Francisco Sieira González

Dirección: Francisco Sieira González Sergio R. Suárez

Escenografía: Laura R. Iturralde

Iluminación: Fidel Vázquez

Son: Isaac Millán

Vestiario: Érica Oubiña

Música: MounQup (Camille Hedouin)

Elenco: Cristina Canosa, Aida Tarrío, Adela Otero, Artur Puga,  Martín Mondragón, André Adrio, Patricia Sánchez, Adrao Casal, María Montero

Fotografía: Aigi Boga