Ceibe
Espectáculo de danza a cargo de Fran Sieira- Compañía de danza

CEIBE é a nova obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Ten unha duración de 60 minutos e conta cun elenco de 8 bailadoras e bailadores. Na dirección artística, Fran Sieira e Sergio R. Suárez.
CEIBE traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotidianidade, incluído o baile tradicional. Pregúntase desde a acción que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. A peza reflexiona desde o movemento e o corpo arredor das categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para cuestionar as identidades de xénero normativas e hexemónicas.
Na codirección artística de CEIBE o bailador Fran Sieira e o experto en cuestións LGTBIQ+ e danza, o bailarín Sergio R. Suárez. Acompañándoos como asesoras de dirección artística contarase co colectivo VACAburra formado por Andrea Quintana e Gena Baamonde.
O deseño do espazo escénico é Laura R. Iturralde e a iluminación de Fidel Vázquez. A composición musical da man de MounQup (Camille Hedouin) e Carlos Quintá e espazo sonoro a cargo de Isaac Millán.