Share
12/10/2025 - 12:30h | Praia de Razo | Carballo

Cartografía dun naufraxio

  • Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego

Cartografía dun naufraxio
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Unha proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto. Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar as persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar as que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón.

Mariña Lestón é unha actriz graduada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Os seus inicios neste mundo sitúanse na Escola Base de Talía Teatro. Puidemos vela en proxectos como Adolescentes, o seu primeiro espectáculo co que percorreu institutos e centros culturais de toda Galicia. Ou na súa última peza Dende o baleiro ás ondas, da cal parte Costa da Morte, cartografía dun naufraxio e que, ao igual que a anterior, está escrita, producida e interpretada por ela mesma.

Esta función prográmase no marco do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) de Carballo.