16/04/2025 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Carretera perdida
David Lynch, 1997

David Lynch
O saxofonista Fred Madison sospeita que a súa muller lle é infiel. O matrimonio recibe unhas cintas de vídeo que amosan que alguén os filma mentres dormen. Comeza un intrigante e escuro camiño cara a ningures, outro relato-crebacabezas que transcorre, probablemente, na mente do seu protagonista, un perturbador thriller que traza bifurcacións e frecuenta abstracción, subconsciente, mundos paralelos e desdobramentos, termos afíns a Lynch. Música de Angelo Badalamenti arroupada por temas de Jobim, Reed, Bowie, Manson, Buckley (Tim) e boas caracterizacións de Robert Loggia, Robert Blake, Gary Busey, Jack Nance e Richard Pryor.