Share
08/08/2025 - 22:30h | Arca da Noe | Vilar de Santos

Carabela

Carabela
Rede galega de música ao vivo

Carabela é unha das grandes promesas da nova escena galega. O enfoque musical da banda, formada por Ana Moas na voz, Pablo Agra na guitarra e programacións, Alba V. Burke nos sintetizadores e Pablo Pazos no baixo, está enraizado no pop, na electrónica e a música tradicional, compartindo senda con grupos como Fillas de Cassandra ou Mondra, ao tempo que se orienta cara innovacións vangardistas, reflectindo unha visión contemporánea da nosa música que resoa con artistas galegas como Mercedes Peón ou Baiuca. 

A banda de Noia debutou en 2023 co EP , converténdose en finalista nos Premios Martín Códax da música galega. En 2024 gañan o Premio Narf —recibido por grupos como Bala, Caldo ou Familia Caamagno— e emprenden co EP A noite á busca de novos horizontes para cruzar e ensanchar os límites da música galega. Aínda que os seus sons navegan por rumbos coñecidos —pop, electrónica e trad— A noite chega para poñer os pés en terras, temáticas e sonoridades inexploradas, cun marco de referencias no que caben desde Néboa e María Arnal, a Slowdive ou Radiohead.

A crítica sitúa á formación nos postos de cabeza das novas músicas galegas máis arriscadas ao tempo que califica a súa maneira de entender a música como algo fascinante e magnético, con sons cheos de atmosferas evocadoras e ambientes supersuxestivos.