Share
18/05/2025 - 19:00h | Auditorio Lois Tobío | Gondomar

Canto conto!

  • Espectáculo infantil a cargo de Limiar Teatro

Canto conto!
Rede galega de teatros e auditorios

Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.

Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.

Desfruta aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o Rock and Roll ata o Rap, pasando pola Salsa ou o Funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostible.

O mellor de todo é que ti, o noso querido público, serás parte activa desta viaxe. Rirás, cantarás, bailarás e aprenderás dunha maneira divertida e lúdica. En Canto conto! o xogo co público é fundamental.