Share
14/03/2025 - 20:30h | Auditorio do Centro Cívico Cultural | Arteixo

Cantares Atlánticos

  • Concerto a cargo de Soledad Vidal & Aurelio Viribay

Cantares Atlánticos
Rede galega de teatros e auditorios

"Cantares Atlánticos"  é un espectáculo multidisciplinar que une música, poesía, un relato de creación propia con imaxes evocadoras e a iluminación acorde coa música e os textos. O recital vai apoiado co material audiovisual que se proxecta en directo. Este é un elemento que suma e potencia a conexión entre a música e os textos en galego. 

As imaxes, acompañadas da voz en off, entrelazan as canciones que se van escoitando no recital cunha narrativa unitaria. O mar e a espera son os elementos que trenzan as tres historias: María Soliña, Lela e os desterrados, sobre as que se desprega a música. É o retrato de tantas mulleres que máis alá da dor e a perda, seguen adiante e constrúen as sus vidas con valentía, o retrato dunha Galicia de despedidas cheas da incerteza e o anhelo incesante do regreso; en definitiva, o retrato dun pobo capaz de mirar a súa sombra, a súa Negra Sombra, para poder celebrar a vida. Todas elas son historias de renacemento.

A través dunha viaxe persoal e poética percorremos a lírica galega, comezando con dúas das cantigas de amigo do trovador Martín Códax e proseguindo coas obras de escritores como Rosalía de Castro, Castelao, Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro, entre outros, así como a esencial aportación de la creación popular. Os poemas son musicalizados por algúns dos máis relevantes compositores do século XX como Antón García Abril, Rodolfo Halffter, Joaquín Nin, Roberto Gerhard ou Juan Durán, entre outros.