Share
15/06/2025 - 12:00h | Biblioteca María Magdalena | Mos

Canta, Bugina, Canta!

  • Espectáculo de teatro a cargo de Marta Ortiz

Canta, Bugina, Canta!
Cultura no Camiño

Canta, Buguina, canta!

Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto.

Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.

Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e as palabras.

Canta, Buguina, canta! é un espectáculo para primeira infancia que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesia, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura.