27/11/2025 - 20:30h
| Salón Teatro
| Santiago de Compostela
Caída libre para persoas con vertixe
D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo
A teoría da caída libre é a excusa perfecta para colarse no universo relacional das dúas protagonistas. Un abano de bucles tanto físicos como emocionais guiados polas evidentes carencias propias que as levan a expresar o amor da forma máis inevitablemente torpe e sinceira. A impotencia de non saber como soster a relación tradúcese en palabras acrobáticas que se contradín con cariño e agresividade. Onde os corpos se comunican a través das caídas dentro do vaivén de fina liña entre o cotiá e o absurdo. Un paracaídas podería salvalas da caída libre? Ou simplemente a faría máis longa?
Compañía: Bragacadavra
Organiza: Pistacatro
Patrocina: Xunta de Galicia
Venda de entradas en ataquilla