Share
11/07/2026 - 18:00h | Praia Fluvial | Vilariño de Conso

Café Dorothé (versión dúo)

  • Espectáculo de música a cargo de Café Dorothé

Café Dorothé (versión dúo)
Cultura no Camiño

Imos cantar, bailar e xogar esas lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé Schubarth escritas nos seus libros.

Con café, con Antón Santamarina e con moita paciencia e traballo Dorothé logrou realizar esta obra que a día de hoxe segue a ser considerada o máis amplo repertorio da música popular de tradición oral galega. Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva presentan este espectáculo para público familiar con versións moi persoais das melodías do cancioneiro. Unha sesión para escoitar, facer e vivir a música en familia e achegarse a estes libros que compoñen a máis extensa e minuciosa compilación da música popular galega.