04/08/2023 - 21:00h
| Praza da Biblioteca
| Lalín
A cabaleira
Espectáculo de teatro a cargo de Medievándalos

Cultura no Camiño
Érase unha vez...
unha princesa, a princesa Valentina. Naceu e, claro, todo parece indicar que algún día será raíña. Pero que pasa se a nosa protagonista non quere ser o que se espera dela? Se prefire xogar con espadas, ser armada cabaleira e percorrer o mundo? Pois o que pasa é que se vai meter en moooooitas leas!
E menos mal que estamos aquí para contalas todas!