19/07/2025 - 21:30h
| Ponte Maceira
| Ames
Caamaño&Ameixeiras
Xira de presentación de 'Quitar o aire'

Cultura no Camiño
Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman Caamaño & Ameixeiras, un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Presentan o seu novo disco, Quitar o aire, inspirado na ritoloxía popular galega. Un universo fascinante onde realidade, maxia e relixión conflúen para procurar respostas, para sandar e para celebrar a vida. Un mundo que sitúa no centro á tribo, á comunidade, entendida como unha rede de axuda para salvarse as unhas ás outras.