05/10/2025 - 18:00h
| Auditorio Municipal
| Vigo
Bulebule
Os Náufragos
Rede Galega de Teatros e Auditorios
Bulebule é o novo espectáculo para público infantil a partir de 4 anos de Os Náufragos Teatro sobre o TDAH (trastorno do déficit de atención con hiperactividade).
Cando Candela Bulebule esperta, comeza a enerxía! Mira todo, toca todo: non para! Tamén se distrae, dánase, perde cousas. Bulebule é un desastre! É impulsiva, torpe e descoidada... ou iso é o que di parte da súa familia, das súas amigas e da xente que tropeza con ela na rúa. Bulebule ten un motor dentro que nunca se apaga e ás veces sente mal porque cre que non pode facer algunhas cousas que outros nenas e nenas si poden. Aínda que Bulebule tamén é brillante, espontánea e cariñosa.