Budiño
Xira de presentación do disco 'Branca vela'

O oitavo disco do compositor galego conta cun espectáculo en directo exclusivo que combina o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces deste país. Unha gran conxunción de música e baile, do tradicional coa vangarda. Branca Vela é a combinación de ritmos, sons, instrumentos e percusións tradicionais coa electrónica máis revolucionaria. É unha máxima que persegue Budiño dende os seus comezos. É o traballo de produción e composición máis complexo da súa carreira. É a oportunidade única de poder ver xuntos no escenario a grandes referentes da música galega. É, en definitiva, a representación en vivo dunha obra compositiva coral e que promete estar á altura. A experiencia máis sensitiva deste espectáculo é a video creación que acompaña á música de Budiño, unha viaxe visual polas súas novas composicións.