28/06/2024 - 20:30h
| Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
| Culleredo
Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)
Espectáculo de Teatro a cargo de Sal do Teatro

Cultura no Camiño
SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.
Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.
Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.