Share
09/08/2025 - 18:30h | Club Fluvial de Begonte | Begonte

Brincadeiras da lingua

  • Espectáculo de teatro a cargo de Migallas Teatro

Brincadeiras da lingua
Cultura no Camiño

“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo de teatro, narración e cancións que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura oral e do cancioneiro popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.