27/11/2022 - 19:00h
| Auditorio Manuel María
| O Carballiño
Brinca Vai! (De aquí a acolá)
Espectáculo musical de Paco Nogueiras

Cultura no Camiño
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
O músico e actor Paco Nogueiras vai nos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a
poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.