Boa sorte, mala fama
Espectáculo teatral a cargo de Tarabela Creativa
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala.
Ficha artística
Autora: Carmen Conde
Dirección: Carmen Conde
Escenografía: Bieito INC
Deseño son: Ezequiel Orol
Deseño iluminación: Diego Gallego
Vestiario: Los alfileres de Elia
Música: Nastasia Zürcher
Coreografía: Lola Saltatore
Elenco artístico: Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena (elenco), Nastasia Zürcher (música ao vivo)