Share
03/05/2025 - 21:30h | La Pecera | Vigo

The Blues Moonshiners

The Blues Moonshiners
Rede galega de música ao vivo

The Blues Moonshiners é un trio de blues que se xesta en 2018 e no que se mesturan o blues rural, o country-blues e a música folk de raíz afroamericana dos 30, 40 e 50. Proxecto formado polo guitarrista e cantante Jay Doe acompañado do armonicista Ramón Figueira e o percusionista Fran Rilli. A súa música defínese como blues envellecido de destilación ilegal, de aí o seu nome Moonshiners que fai referencia aos destiladores de whisky ilegal na América profunda. Divertida combinación musical levando o blues e o country-folk ao seu estado máis primitivo coa peculiar mestura de guitarra, harmónica e instrumentos de percusión rudimentarios.