02/12/2023 - 20:30h
| Teatro Rosalía de Castro
| A Coruña
Blues de medianoite
Espectáculo de danza a cargo de Laboratorio Escénico

Rede galega de teatros e auditorios
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.
Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o MEU blues.