Bio Construción
Un espectáculo de Ibuprofeno Teatro
Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.
Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.
Ficha artística
Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso
Elenco: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso
Escenografía: Jose Perozo
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Son: Macarena Montesinos
Vestiario: Laura Vidales
Música en directo e deseño do espazo sonoro: Macarena Montesinos
Asistencia de dirección: Marcos PTT
Auxiliar de dirección: Gloria Punzano
Movemento escénico: Armando Martén
Caracterización: Baia Fernández