A biblioteca galáctica contra a IA fantástica
Un espectáculo de monicreques de Tanxarina
Ataulfo, o rato que coida da Biblioteca Galáctica descobre que unha ameaza paira sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis... Poderán o rato bibliotecario, Ramón Lamote e Sara enfrontarse ao malvado profesor Smith e á súa intelixencia artificial fantástica?
Unha comedia tola e trepidante chea de sorpresas, música e humor.
Creada para conmemorar o 75 Aniversario da Editorial Galaxia, esta adaptación teatral da novela de Carlos Labraña é un espectáculo que celebra a amizade, fai unha reflexión sobre o uso da tecnoloxía e é unha defensa da lectura e os libros.
PREMIO MARÍA CASARES a mellor espectáculo de Monicreques, obxectos e formas animadas.
Ficha artística
Autoría: Carlos Labraña
Dirección e adaptación: Tanxarina
Escenografía: Pablo Giráldez 'O Pastor'
Deseño son e iluminación: Paulo Medal
Vestiario: Cloti Vaello
Música: Ailén Kendelman
Coreografía: Tanxarina
Elenco artístico: Miguel Borines e Andrés Giráldez