Share
27/02/2026 - 20:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

BenQuerer

  • Fran Sieira báilalle a Caamaño&Ameixeiras

BenQuerer
Rede galega de teatros e auditorios

BENQUERER, querer, querer ben e quererse ben son algúns dos termos nos que afondará o novo espectáculo de Fran Siera, desta vez, acompañado en directo polo dúo galego ligado á música e ao baile de raíz, Caamaño&Ameixeiras. 

Desde un punto de vista case autobiográfico, a peza cuestiona que é quererse ben a un mesmo. É posible benquerer a outras sen quererse ben? Algunha vez antepoñemos o benquerer ao querernos ben? Ata que punto a benquerenza pode ser real se non vai acompañada de amor e respecto propio? Todos estos custionamentos faranse tamén dende as marxes, sempre con perspectiva de xénero.

O autocoidado emocional será o eixe central sobre o que xire este novo proceso creativo tan persoal e íntimo para o creador, onde a través do seu propio relato detallará a importancia do coidado, de quererse ben, de aceptarse e respectarse a un mesmo.

 

Ficha artística

 

Autor: Fran Sieira

Dirección: Fran Sieira e Gena Baamonde

Adaptación: Fran Sieira

Escenografía: Fran Sieira

Deseño son: Caamaño&Ameixeiras

Deseño iluminación: Fidel Vázquez

Vestiario: Érica Oubiña

Música: Caamaño&Ameixeiras

Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana

Elenco artístico: Fran Sieira, Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño