Belém Tajes Trío
Belém Tajes é unha das voces de referencia da canción de autora en Galicia. Cantante, compositora e especialista en musicoterapia, comezou a súa traxectoria tocando e cantando en agrupacións tradicionais, aprendendo tamén dos cantares das súas avoas, naturais de Arou, Camariñas.
Tras formar parte de grupos de referencia como Luar na Lubre, Aliboria e Moura, e de colaborar con Vetusta Morla na xira Cable a tierra, Belém Tajes inicia o seu proxecto como solista, facendo seus estilos como o pop e a música tradicional galega e latinoamericana. Logo de publicar o seu EP de debut, Un mapa, inspirado na súa Arxentina natal, en novembro de 2024 lanza o seu primeiro álbum, Amar o mar, con colaboracións destacadas como as da poeta Rosalía Fernández Rial e a cantante canaria Marilia Monzón.
Belém Tajes: voz, teclado, percusión
Nico Vieites: guitarra
Cibrán Seixo: violín e baixo pedal