14/01/2026 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Beirut, Oh Beirut
Maroun Baghdadi, 1975
De xasmín e cascallos: cinema desde o Líbano
Beirut, oh Beirut é a primeira longametraxe de Baghdadi. Realizada e presentada ao comezo da guerra civil libanesa, parece unha profecía que a anunciaba. Nesta película, as vidas de varios personaxes (un avogado musulmán, unha moza cristiá, un obreiro do sur) entrecrúzanse cos acontecementos que tiveron lugar entre o ataque israelí ao aeroporto de Beirut en decembro de 1968 e a morte do presidente exipcio Nasser en setembro de 1970. Película sobre os inicios do activismo no sur do Líbano, Beirut, oh Beirut é á vez a historia dun amor imposible e dun país ao bordo do abismo.