10/10/2026 - 20:00h
| Auditorio municipal
| Vigo
Begoña Caamaño: o transgredir das ondas
Con texto de Paula Carballeira
Rede galega de teatros e auditorios
Unha peza unipersoal de Berrobanbán que reivindica a condición de xornalista radiofónica de Begoña Caamaño abordando temas fundamentais na súa obra como a igualdade entre homes e mulleres, a solidariedade e implicación cos problemas dos sectores sociais máis desfavorecidos e a importancia da liberdade de expresión no xornalismo. Na peza, unha xornalista recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora.
Ficha artística
Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Chiqui Pereira
Escenografía: Beatriz de Vega
Deseño iluminación: Chiqui Pereira
Vestiario: Lola Armesto
Música: Chiqui Pereira
Elenco artístico: Rocío González