Share
30/07/2025 - 11:45h | Centro Escolar C.P.I. Doutor López Suárez | Friol

Barquiño de pau

  • Espectáculo de teatro a cargo de A Tropa de Trapo

Barquiño de pau
Cultura no Camiño

Canta, Buguina, canta!

Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de ghavotas e moverémonos coma nécoras.

E incluso daremos unha volta baixo o mar.

Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel estraza ou as esponxas naturais.

E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. E as texturas sonoras da buguina, da auga, do papel, da tea ...

Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas. Brincamos coa imaxinacion recreando anima is con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas.