Barquiño de pau
Espectáculo infantil a cargo de A tropa de Trapo

Canta, Buguina, canta! Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nunBarquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas
poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar.
Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel estraza ou as esponxas
naturais.
E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. E as texturas sonoras da buguina, da auga, do papel, da tea ...
Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas.
Brincamos coa imaxinacion recreando anima is con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas.