19/05/2023 - 23:00h
| Fórum Metropolitano
| A Coruña
A barca do inferno
Espectáculo da compañía NAUTA

Rede galega de teatros e auditorios
Estimado ser humano:
Estamos no alén-mundo.
Énos moi grato dirixirnos a vostede por instruccións das deidades mariñas para extenderlle unha formal invitación a participar como xurado civil neste xuízo final ós habitantes da auga.
Os defuntos acusados comparecerán por delitos acuáticos derivados de alteracións do orden oceánico, durante a súa estancia en vida.
Delitos como beber petróleo, ser tentados e comer plástico ou ser perguizosos e deixarse pescar e mutilar sen resistirse o máis mínimo.
A audiencia resolverá a favor de que estes pasen ó máis alá en augas celestiais ou, polo contrario, sexan condenados á toxicidade das profundidades infernais.
Agardamos a súa resposta e agradecémoslle de anteman facer posible este agradable paseo en barca.