Share
05/05/2024 - 19:00h | Casa da Cultura Pintor Lloréns | Sada

BACKUP. A Resurrección de Nuno

  • Espectáculo a cargo de Ste Xeito Produccións

BACKUP. A Resurrección de Nuno
Rede galega de teatros e auditorios

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo felecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

 

A Resurrección de Nuno e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. 

¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade?

Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?actu