Share
26/07/2024 - 16:00h | Punto de atención á infancia | Sandiás

Babá-Bebé

  • Espectáculo de Teatro a cargo da Xanela do Maxín

 Babá-Bebé
Cultura no Camiño

Unha obra de pequeno formato moi estimulante. na que bebés e familias se mergullan nun espazo acolledor, seguro e propicio para desfrutar do paso das estacións, iniciando nunha primavera na que podemos observar e sentir o reino vexetal que comeza a medrar e un osiño que esperta, para despois pasar polo verán coa súa calidez e un mar que nos abraza, o ocre do outono e finalmente o frío inverno, onde o noso osiño se bota a durmir, descansando de todos os xogos e brincadeiras.

Celtia Figueiras e Topo Vidal, como intérpretes solistas, fan desta obra unha auténtica delicia para os sentidos dun xeito delicado, amable e perfectamente adecuado ás necesidades sensoriais da primeira infancia.