Share
03/08/2024 - 19:30h | Praza do Camiño | Portomarín

Atemporal

  • Espectáculo de maxia a cargo do Mago Charlangas

Atemporal
Cultura no Camiño

O Mago Charlangas invítanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo @Temporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.

Un número de ilusionismo co que gozaremos de xogos con cartas, bolas, moedas, billetes e máis sorpresas que nos farán pasar unha leda xornada chea de maxia.

Coñeceremos a un científico tolo e os seus incríbles experimentos para adentrarnos nunha viaxe co Pirata Barbanegra na busca de máxicos tesouros.