Share
25/10/2024 - 23:00h | A Pousada da Galiza Imaxinaria | Boiro

Ataque Escampe

  • Concerto de música

Ataque Escampe
Rede galega de música ao vivo

Coa súa facilidade para a melodía, as súas texturas imposibles e o seu espírito agridoce, Ataque Escampe é unha banda con dúas guitarras que non fai rock de guitarras; unha banda con alma electrónica que executa en rigoroso directo todos os seus cacharros; unha banda divertida pero tenra e vulnerable; unha banda, en fin, que ao cantar sobre a súa vida canta sobre todas as vidas: un auténtico ovni no panorama musical galego do século XXI.