Share
27/07/2024 - 20:00h | Adro das Festas. Santa Cristina | Vilaboa

Asdomare

  • Espectáculo de Teatro a cargo de Rilo & Penadique

Asdomare
Cultura no Camiño

Este espectáculo acaba de saír da fábrica en pleno confinamento e quere darlle continuidade a O Pozo das Señoras. ASDOMARE son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Un espectáculo de narración oral e música a cargo da consolidada parella formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique.