Share
27/07/2025 - 18:00h | Carballeira de Santa Mariña | Arzúa

Asacocirco Show

  • Compañía Asacocirco

Asacocirco Show
Cultura no Camiño

Un espectáculo para todos os públicos que nace da tolemia e idiotez dos seus protagonistas: Mirroska e Juanito son os dous clowns deste divertido mini circo.

Mirroska, explosiva e provocadora nata, que fai da ironía o seu medio de expresión; Juanito, este neno grande, fan un cocktail de técnica e humor. Da fusión destes dous pallasos e o público créase a maxia do teatro de rúa, con risas aseguradas. Combinan humor e destreza física a partes iguais, todo con moita técnica, ritmo e poucas palabras. Un xogo cómico onde o espectador sentirase moi implicado e onde sempre hai lugar para a sorpresa.