Share
28/06/2025 - 12:00h | Praza César Conti | A Rúa

Apren-Deimi

  • Espectáculo de maxia a cargo de Mago Deimi

Apren-Deimi
Cultura no Camiño

APREN-DEIMI (Obradoiro de maxia + actuación)

OBRADOIRO DE MAXIA

A intención é achegar a maxia e o ilusionismo aos máis pequenos facendo que eles non sexan meros espectadores senón que interveñan no proceso e incluso aprendan a facer algún número. Resulta un exercicio moi divertido e que axuda ademais a potenciar a psicomotricidade, a creatividade e a comunicación.

A duración do obradoiro será dunha hora na que se poñerán en práctica xogos como:

-Desaparición de moeda en vaso.

-Ilusións con gomas elásticas.

-Aparición e desaparición de moedas en panos.

-Corda estragada e recomposta…

ESPECTÁCULO DE MAXIA

Número de maxia que abarca as diferentes ramas da maxia como son: o escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo, .... Maxia moi variada e divertida con toques de humor e moi interactivo co público.