13/08/2026 - 20:15h
| Piscina Municipal
| O Pino
Aparvaolimpiadas
Espectáculo de clown a cargo de MeRe Clown
Cultura no Camiño
Un simulacro de atleta polipatético verase involucrado en moitos problemas para lograr a ansiada medalla olímpica. A cerimonia de apertura finaliza sendo un desastre, tenta conseguir o éxito nos deportes máis conocidose e o único que logra é o fracaso máis absoluto.
Logrará conseguir a ansiada medalla?
Clown, mimo, pantomima e slapstick mestúranse neste tolo espectáculo no que o seu protagonista sae dun problema para entrar noutro e para finalizar coa vitoria máis ridícula xamais vista na historia.
Esta é a última versión de AparvaOlimpiadas, reestreado con nova dramaturxia e novos números no Festival Manicómicos en agosto do 2019.
Elenco: David Merelas