Share
11/05/2025 - 19:00h | Auditorio da Xuventude | Cambados

Apaga o candil

  • Espectáculo teatral a cargo da compañía Contraproducións

Apaga o candil
Rede galega de teatros e auditorios

O tempo da ficción dramática sitúase no intre do último alento de O Xestal, falecido á idade temperá de 59 anos. Non lusco e sombrío entre a vida a matar.

A peza toma como punto de inspiración estrutural e argumental os clásicos contos da visita da morte, unha tipoloxía de historias tradicionais universais que responden a un esquema máis ou menos semellante: un personaxe topa coa morte que lle vén a anunciar que o seu final é inminente; o personaxe fai todo o que pode por enganar a morte e librarse do seu lúgubre designio, afán que acaba por resultar fatidicamente inútil. Na tradición galega este tipo de contos tenden a estar revestidos por unha pátina de humor e ironía que relativizan o seu carácter 

Non plano persoal tocarase a cuestión da autoestima, da necesidade de recoñecemento e notoriedade. Da relativización do compromiso cívico. Os conflitos derivados da insatisfacción creativa e vital, ou da aceptación, por un mesmo e polos demais, da propia identidade nolos seus aspectos máis íntimos. Non plano colectivo especularase sobre a dificultade histórica (asumida, fomentada ou herdada) das clases populares galegas para prestixiar as súas manifestacións características e, como consecuencia, prestixiarse nelas. Sobre o perigo de instalarse nunha ollada choqueira ou esterilmente folclorizada dos elementos que definen a tradición, entre eles as artes e, nomeadamente, a lingua.

Un espectáculo que pretende ser unha homenaxe a unha figura clave da tradición popular: Carlos "O Xestal"