Share
20/07/2026 - 21:00h | Praza de Macías | Padrón

Antuán de la Cream

  • Espectáulo de novo circo a cargo do clown Antuán da Cream

Antuán de la Cream
Cultura no Camiño

Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán da Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo clown. Nel oscilará desde a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control.

A naturalidade e o xeito deste personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada.

Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.

"Antuán da Cream é ao circo o que a auga é á vida, algo imprescindible e tremendamente fresco." - María von Touceda