18/07/2025 - 17:00h
| Praza diante da Casa da Cultura
| Santa Comba
Antúan de la Cream
Espectáculo de novo circo a cargo de Antúan de la Cream

Cultura no Camiño
Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán de la Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo Clown. Nel oscilará dende a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control…
A naturalidade e o salero desta personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada. Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.
“Antuán de la Cream é ao circo o que a auga é á vida, algo imprescindíbel e tremendamente fresco." - María von Touceda