Share
08/08/2025 - 19:30h | Praza da Igrexa de Salgueiros | Dumbría

Antuan de la Cream

Antuan de la Cream
Cultura no Camiño

Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuan de la Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo clown. Nel oscilará dende a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán o seu público por este periplo onde Antuan case nunca perde o control…

A naturalidade e o saleiro desta personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquedanza que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada. Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.

“Antuan de la Cream é ao circo o que a auga é á vida, algo imprescindíbel e tremendamente fresco". María von Touceda