Share
22/03/2024 - 20:30h | Casa da Cultura Ramón Martínez López | Boiro

Antón, un neno diferente

  • Espectáculo de monicreques a cargo de Barafunda Teatro

Antón, un neno diferente
Rede galega de teatros e auditorios

Espectáculo multidisciplinar de teatro de actores e monicreques en diversas técnicas (sombras, bunraku, bocones, obxectos…) dirixido a público familiar e infantil. Utilízanse recursos de iluminación, vídeo e música orixinal para recrear a xeografía e tradicións de Galicia. Entre outras cousas Antón pretende, a través dunha historia fantástica, tocar temas como a migración forzada e os efectos do acoso, destacando a importancia de valores coma a tolerancia, o amor e o respecto cara a diversidade e, sobre todo, a valentía, para afrontar os obstáculos e lograr os obxectivos que nos plantexemos.