Ano 1º - 1º de Maio+ Revolução+ Cravos de Abril+ Paredes pintadas da Revoluçâo Portuguesa
Copias dixitalizadas pola Cinemateca Portuguesa- Museu do Cinema

Ano 1º - 1º de Maio (Portugal, 1975). Sinopse: Documental sobre o 1 de maio de 1975 realizado pola Unidade de Produção Cinematográfica Nº 1, centro de produción creado no seo do Instituto Português de Cinema
Revolução (Portugal, 1975). Dirección: Ana Hatherly. Sinopse: fragmentos de pinturas murais e cartaces rotos que evocan a obra plástica de Hatherly sucédense a un ritmo de vertixe, acompañadas polo son dos lemas, discursos e cancións de abril.
Cravos de Abril (Portugal, 1976). Dirección: Ricardo Costa. Sinopse: Os primeiros acontecementos políticos da revolución portuguesa, na cronoloxía que vai do 25 de abril ao 1 de maio de 1974.
Paredes pintadas da Revoluçâo Portuguesa (Portugal, 1975). Dirección: António Campos. Sinopse: As paredes e muros da cidade de Lisboa convértense nun medio para celebrar e transmitir ideais e consignas revolucionarias