08/08/2026 - 21:00h
| Campo do Río
| Sarria
Andhrea and the Black Cats
Concerto de blues clásico
Cultura no Camiño
Andhrea and the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela, composta por Ramón Figueira "Figui" (armónicas), Andhrea Verdú (voz) e Benjamín Vázquez (guitarra). Dende a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo, acompañados na actualidade por Aitor García na percusión.
O repertorio de Andhrea & the Black Cats supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ó público a outra época a través das historias narradas no sou momento polos autores máis clásicos cun trasfondo, na maioría dos casos, vixente aínda hoxe en día.