11/01/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Anatomía de una caída
thriller, xuízo, oscars
Sandra Hüller: anatomía dunha actriz
Sandra, de orixe alemá, vive co seu marido francés, Samuel, nunha pequena localidade dos Alpes franceses. Ambos son escritores. Comparten o fogar co fillo Daniel, cego. Cando Samuel falece en estrañas circunstancias ao precipitarse desde unha xanela da vivenda, Sandra acaba tendo que enfrontarse a un xuízo como sospeitosa de asasinato.