Alta costura
Un espectáculo teatral de Elefante Elegante
ALTA COSTURA é un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais. ALTA COSTURA dá unha especial importancia aos mecanismos de venda e á relación contemporánea que o grande público ten co acto de mercar e de tirar roupa. ALTA COSTURA é unha creación de teatro físico e visual que se detén detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía do mercado e a rapidez con que os produtos son desvalorizados e se transforman en lixo altamente contaminante.
Ficha artística
Autor: Tiago Alves Costa
Dirección e adaptación: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Deseño son: Gonçalo Guerreiro
Deseño iluminación: Laura Duarte
Vestiario: Carolina Díguele
Música: Varios autores / Manuel Fonte
Coreografía: Gonçalo Guerreiro
Elenco artístico: María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira e Raquel Crespo