Share
09/12/2022 - 22:00h | Teatro Lauro Olmo | O Barco de Valdeorras

Alma de Tigre

  • Espectáculo a cargo da cía. Elefante Elegante

Alma de Tigre
Rede galega de teatros e auditorios

Elenco: María Torres, Pablo Sánchez e Julia Laport.

Sinopse: Leonor e Eduardo son maiores e viven xuntos como se fosen nai e fillo, marido e muller ou simplemente unha irmá e un irmán que decidiron apartar o amor das súas vidas polo medo da eventual posibilidade de perdelo. 

Leonor e Eduardo só se teñen un ao outro, aos televisores, aos xornais e aos gatos, por iso bérranse como quen canta, ódianse como quen se ama, acúsanse como quen se eloxia, rexéitanse como quen se abraza e agrédense como quen se beixa. Antes de deitarse choran e reconcílianse para poder recomezar todo de novo no día seguinte. Esta é a súa absurda e reconfortante armonía. 

Comparten escena cunha unha actriz-bailarina que contraescena con eles exercendo diferentes roles segundo a narración o precisa.

ALMA DE TIGRE propón a creación dun universo paralelo a modo de alegoría no que os intérpretes desenvolven unha linguaxe corporal estilizada a través da danza, da Pantomima e da Commedia Dell’Arte, que se confirma na humanización dos obxectos escénicos e na manipulación da escenografía no sentido de dar movemento e vida ás pezas de mobiliario. Deste xeito todo o contido psicolóxico gaña un corpo físico burlesco que xera un efecto de distanciamento e permite elaborar unha relación actor-espectador na que o segundo recoñece que o absurdo, o ridículo e o consecuente efecto cómico das situacións creadas agochan o fondo tráxico que a realidade humana transporta en si mesma.