29/07/2025 - 20:30h
| Xardíns da Casa Grande de Viloira
| O Barco de Valdeorras
Alma de grilo
Espectáculo de teatro a cargo de Ítaca Teatro

Cultura no Camiño
Co canto dos grilos como fío condutor, e acompañada da música orixinal de Vadim Yukhnevich, María García vai debullando historias onde a fraxilidade se torna afouteza, onde a cobiza crea incomunicación ou onde a imaxinación protexe da soidade. Fábulas que falan da natureza humana e dos seus paradoxos.