Share
04/10/2026 - 20:00h | Auditorio Municipal Hernán Naval | Ribadeo

Alicia Wants To

  • Un espectáculo de Bengala Teatro Físico

Alicia Wants To
Rede galega de teatros e auditorios

Alicia Wants To combina realismo máxico e crueza social para contar a historia de Alicia, unha adolescente en situación de vulnerabilidade que se reencontra coa súa nai tras ser expulsada dun centro de menores. A través dunha partida de xadrez, o público participa activamente na toma de decisións que determinan o curso da historia, reflexionando sobre a desigualdade, a exclusión social e a violencia da xustiza patriarcal.

Ficha artística

Autoría e dirección: An González

Escenografía: Bengala Teatro Físico

Deseño son: Dyango Pérez

Deseño iluminación: Jorge Castro

Vestiario: Elisa Díaz

Elenco artístico: Andrea Maseda, Estrella Tomé, Estela del Río e Alexia Villar