Share
20/07/2025 - 12:15h | Pistas do Rabazal | Miño

Alfabeto Castelao

  • Sole Felloza

Sole Felloza
Cultura no Camiño

Seguindo o abecedario, percorreremos un camiño cheo de compromiso e defensa do país. Dende a pintura, a literatura e a política achegarémonos ao universo Castelao. 

En 2025 conmemoramos o 75 aniversario da morte de quen foi un dos fundadores da Galicia na que hoxe vivimos. Non é doado sintetizar a obra inmensa dun home que foi novelista, dramaturgo, ensaísta, etnógrafo, debuxante, pintor, teórico da arte e político. Por iso a función artéllase dende o abecedario onde cada letra agocha contos, anacos de textos teatrais e artigos. O Alfabeto Castelao procura achegarlle á rapazada., e tamén a mozos e adultos, o legado do gran intelectual galego que defendeu sempre a necesidade de construír unha arte e cultura propia na lingua do seu país.